27/01/2012
Máis de 5.000 persoas participaron esta tarde en Vigo na manifestación convocada pola CIG en defensa do naval. Dende a central nacionalista denunciaron a falta de vontade política para solucionar a grave crise que atravesa o sector e reclamaron a implicación dos Gobernos español e galego cunha industria fundamental para a comarca e estratéxica para o conxunto da economía do país.
11/01/2012
Os representantes da CIG en Alcoa A Coruña manifestan o seu absoluto rexeitamento ás pretensión da multinacional do aluminio de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal na factoría coruñesa e de Avilés, xa que entenden que un ERE carece de xustificación e o único que pretende a compañía con esta medida é avanzar no proceso de desmantelamento e deslocalización da produción cara a outros países.
11/01/2012
Os traballadores do naval da Ría de Vigo resístense a deixar morrer o sector ante a inoperancia dos Gobernos español e galego e hoxe volveron cortar o tráfico na avenida de Beiramar para esixir medidas contra a grave crise que atravesa a industria. Nos vindeiros días levarán a cabo novas mobilizacións para forzar os responsábeis políticos a buscar unha solución definitiva antes de que a actual “etapa crítica” remate coa morte dun sector do que dependen milleiros de familias galegas.
28/12/2011
Os traballadores e traballadoras do naval da Ría de Vigo realizaron hoxe unha nova acción en defensa do sector. Convocados pola CIG, permaneceron durante dúas horas concentrados diante do mercado do Calvario e repartiron información entre os viandantes explicando as graves repercusións que tería para a economía da comarca a desaparición dunha industria que empregou historicamente a milleiros e milleiros de persoas.