GKN

A sección sindical da CIG en GKN amosa o seu rexeitamento á proposta do ERE para o 2010 nesta empresa da automoción

GKN Drivelines, empresa de automoción situada na Zona Franca, presentou un ERE para o 2010 de 45 días en todo ano, de libre disposición para cando a empresa precise estes dias. No 2009, con outro ERE aínda vixente, estanse a facer horas extras e denuncian que os expedientes están a ser utilizados como “ferramenta de flexibilidade a cargo do erario público”. Este expediente de regulación afectaría a un total de 766 traballadores e traballadoras desta factoría.

 

Desde a sección sindical da CIG en GKN denuncian que co ERE en vigor neste ano 2009 se están a facer horas extras. Ademais, salientan que a caída de produción que a empresa argumenta para o 2010 non se ve por ningún lado desde o verán, que houbo un aumento do traballo.

Distribuir contido