Cun recorte da produción do 50% e unha proposta de ERE de suspensión temporal enriba da mesa para a metade dos 420 operarios/as da factoría da Coruña, o persoal de Alcoa Inespal manifestábase este serán polas rúas da cidade, acompañado por centos de cidadáns/ás e compañeiros/as doutras factorías, para rexeitar as medidas da multinacional do aluminio e contra o desmantelamento industrial da comarca.
Miles de operarios/as dos estaleiros da ría de Ferrol retomaron este martes o calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante cunha multitudinaria manifestación que percorreu as rúas da cidade dende o Esteiro até a Praza de Armas. Alí, os Comités de ambos estaleiros e das empresas auxiliares mantiñan un nova xuntanza co alcalde de Ferrol para trasladarlle as súas demandas e urxir medidas que rematen coa profunda crise que vive o sector naval por mor da falta de carga de traballo.
Milleiros de veciños e veciñas de Vigo e das comarcas próximas responderon ao chamamento feito pola CIG e participaron nunha nova mobilización en defensa do naval, conscientes da importancia do sector para a economía da cidade e da súa área de influencia.
Os delegados da CIG explican que, previamente á publicación da balanza de resultados do último trimestre de 2011 (cos que a empresa busca xustificar os axustes), tiveron un coñecemento oficioso das pretensións de Alcoa, xa que esta realizou estudos previos para avaliar a eficacia das súas decisións. En menos de un mes, sinalan, a empresa move ficha e comunica o peche da factoría de Italia e a redución de 90.000 toneladas de produción nas plantas da Coruña e Avilés, coa conseguinte intención de aplicar unha suspensión temporal de emprego.
Dende a CIG explicaron que resulta imprescindíbel que as medidas encamiñadas a recuperar o sector se acometan antes de que remate o mes de xaneiro, porque do contrario “será xa tarde e a industria naval desaparecerá”. Lembran que neste período se resolverán algúns dos ERE´s e procesos concursais presentados polas empresas máis importantes, polo que apostan por unha folla de ruta de mobilizacións que se completaría nesta primeira fase cunha gran manifestación en Vigo para finais de mes.
A protesta desenvolveuse entre as 10.30 e as 12.30 horas no paseo do Calvario, fronte ao mercado. Nese tempo, varios centos de traballadores/as despregaron distintas faixas apelando á defensa do sector e berraron consignas como “Con estes caciques o naval vai a pique” ou “PP, escoita, o naval está en loita”. Ao mesmo tempo realizaron un reparto de folletos informativos entre as numerosas persoas que a esas horas realizaban as compras do día.
Coa ocupación, que se iniciou sobre as 09:00 horas e se prolongou durante unha hora e media, o persoal quere denunciar a situación de abandono na que a dirección de Navantia ten deixado aos traballadores/as, pois o Conselleiro Delegado nin sequera atendeu as múltiples solicitudes de reunión cursadas polos Comités. Dende a CIG de Ferrol lémbrase que máis de 17.000 empregos da comarca dependen da actividade dos estaleiros, polo que garantir a súa actividade debería ser unha prioridade para os gobernos e a propia empresa pública. Porén, criticaba o voceiro da CIG, Manel Grandal, o Conselleiro Delegado “nin respondeu ás demandas sobre o novo dique nin se dignou a vir a Ferrol para manter unha reunión” na que abordar a situación dos estaleiros.
Traballadores/as do naval de Vigo realizaron hoxe novas concentracións en demanda dunha solución á grave crise que padece o sector. As protestas comezaron pasadas as 10.30 horas fronte a Barreras cun corte de tráfico e a continuación trasladáronse á Praza de América. Alí permaneceron durante unha hora portando varias faixas, para despois saír en manifestación de novo cara a Avenida do Areal.
A marcha polo centro da cidade desenvolveuse por un só carril da rúa Coruña. Con todo, producíronse atrancos na circulación. Unha vez fronte a Barreras de novo volveron interromper o tráfico até que se deu por desconvocada a protesta, arredor das 12.00 horas.
A representación dos traballadores/as de EMESA vén denunciar diante da Inspección de Traballo á dirección da empresa por negarse a recoñecer na constitución da Mesa de Seguimento do ERE a pluralidade sindical do Comité.
Dende o órgano de representación do persoal lembran que nestes dous anos de regulacións continuadas e despedimentos, en todo momento os traballadores/as estiveron representados “con toda a pluralidade que deron as eleccións sindicais” e en dita Mesa de Seguimento estivo presente un delegado de casa sección sindical (CIG, UGT e CCOO) xunto á Presidencia do Comité.
A empresa, que despediu o día 4 de agosto, a 20 dos seus traballadores, viña arrastrando problemas cos pagamentos das nóminas desde había dous anos e o día 3 de agosto recibiu o visto bo da Xunta de Galiza para facer efectivo un ERE extintivo que lle permitía deixar na rúa a máis do 50% do seu cadro de persoal. Os traballadores agardan, desde aquela, o pagamento das mensualidades atrasadas, as liquidacións, as vacacións e demais. Unha media aproximada de 10.000 euros por traballador, o que suma uns 240.000 euros en total.