A Coruña

Delegados/as do Metal da CIG maniféstanse polas rúas da Coruña en demanda da negociación de convenios dignos na Galiza

A central sindical oponse ás pretensións da patronal de crear convenios marco estatais, porque suporían perder poder de decisión e un grave recorte de dereitos e salarios

Nin a neve nin o frío impediron que a CIG-Metal sacase músculo este xoves polas rúas da Coruña para amosar a súa oposición ás intencións da patronal do sector de centralizar a negociación dos convenios provinciais en Madrid e crear un marco regulador global que suporía un retroceso nas condicións laborais e salariais dos traballadores/as galegos/as do metal. Dende a Federación denunciouse a paralización, dende hai meses, das mesas do convenio provincial de Lugo e A Coruña, co prexuízo que supón para os traballadores/as, e nas que patronal se ten amosado inamovíbel nos seus posicionamentos. Curiosamente, coincidindo co anuncio da mobilización, a patronal de A Coruña convocou unha xuntanza da comisión negociadora para esta mesma xornada.

O Comité de EMESA expón á Subdirectora de Traballo a crítica situación que padece o persoal por mor do novo ERE temporal

Os traballadores desenvolveron unha concentración diante dos edificios administrativos da Xunta en A Coruña

Normal 0 21 false false false ES-TRAD X-NONE X-NONE

Os traballadores/as das auxiliares do carbón denuncian o reiterado incumprimento dos programas de recolocación

Advirten que as medidas compensatorias baralladas para as empresas afectadas polo novo Decreto do Carbón non axudarán á creación de empregos

A Coruña, 20 de outubro do 2010

A Comisión de representantes dos mineiros das empresas auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes vén de denunciar publicamente aos Concellos e á Xunta de Galiza por non levar a cabo as recolocacións de traballadores/as, comprometidas a través do Plan Miner. Os mineiros lembran que, logo das contundentes mobilizacións iniciadas en febreiro de 2006 ante o peche das minas de lignito pardo, acadaron o dereito a seren recoñecidos e recolocados como "excedentes da minaría", mais a día de hoxe non se efectivizou ningunha das contratacións incluídas nos programas de reactivación industrial, e estabelecidas como condición para o acceso das empresas ás axudas.

Eduardo Caamaño convértese no novo Secretario Comarcal da CIG-Metal de A Coruña

A candidatura que encabezou, a única presentada, recibiu o apoio unánime dos delegados/as A V Asemblea Comarcal da CIG-Metal de A Coruña elixiu o pasado sábado 26 de xuño a Eduardo Caamaño como novo secretario. A candidatura encabezada por Caamaño foi a única presentada e conseguiu o respaldo unánime dos delegados/as tanto na votación para a Secretaría como na elección dos membros da Executiva Comarcal e dos representantes da comarca no Consello Confederal e na Dirección Comarcal.

Así, a nova Executiva comarcal da CIG-Metal de A Coruña queda composta polas seguintes persoas:

-Eduardo Caamaño Lestón

-Francisco Xavier Rioboo Núñez

-Alfredo Bocija Serantes

-Xosé Manuel Rei Meirama

-Germán Regueira Lista

-Aurelio Bello Rodríguez

-Juan M. García Martínez

Distribuir contido