Ferrol

Os traballadores/as das auxiliares do carbón denuncian o reiterado incumprimento dos programas de recolocación

Advirten que as medidas compensatorias baralladas para as empresas afectadas polo novo Decreto do Carbón non axudarán á creación de empregos

A Coruña, 20 de outubro do 2010

A Comisión de representantes dos mineiros das empresas auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes vén de denunciar publicamente aos Concellos e á Xunta de Galiza por non levar a cabo as recolocacións de traballadores/as, comprometidas a través do Plan Miner. Os mineiros lembran que, logo das contundentes mobilizacións iniciadas en febreiro de 2006 ante o peche das minas de lignito pardo, acadaron o dereito a seren recoñecidos e recolocados como "excedentes da minaría", mais a día de hoxe non se efectivizou ningunha das contratacións incluídas nos programas de reactivación industrial, e estabelecidas como condición para o acceso das empresas ás axudas.

Os traballadores/as das auxiliares de Navantia mobilízanse para demandar carga de traballo para os estaleiros

O persoal, que teme o inicio de despedimentos masivos, deu lectura ao manifesto “Ferrol sen barcos” O pasado mércores 15 de setembro os traballadores e traballadoras das auxiliares de Navantia Fene-Ferrol saíron ás portas do estaleiro para demandar carga de traballo que garanta a continuidade da actividade nos estaleiros e polo tanto, dos empregos. Emilio Maceiras, delegado da CIG no comité de empresa de DEPISA, foi elixido pola asemblea de delegados/as para presentar á prensa o comunicado “Ferrol sen barcos”, no que o colectivo de traballadores/as amosa a súa preocupación polo futuro de Navantia en Fene e Ferrol e demanda unha maior implicación das administracións na creación de alternativas industriais para a comarca .

A continuación reproducimos o comunicado dos traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia, que o mércores tamén secundaron cadansúa concentración diante dos estaleiros: "Ferrol sen barcos"

A CIG-METAL da comarca de Ferrol continúa a obter bos resultados nas eleccións sindicais

A CIG-METAL Ferrol ven de gañar as eleccións sindicais nas empresas Thyssenkrupp Elevadores, no seu centro de traballo de Ferrol, e máis en Artnacero, empresa do metal do grupo Amil Lago con sede no polígono Vilar do Colo.

No centro de traballo que a empresa Thyssenkrupp Elevadores ten no Concello de Ferrol prestan servizos un total de 11 persoas, e a candidatura da CIG-METAL foi a única en concorrer ao proceso electoral que rematou coas votacións celebradas o pasado día 4 de outubro.

En Artnacero presentáronse 3 candidaturas para un censo total de 30 persoas. As votacións tiveron lugar o pasado día 6 de outubro cos seguintes resultados: CIG 10 votos, UGT 9 votos, e USTG 8 votos.

Desde a Federación comarcal queremos agradecer a confianza e apoio dos traballadores e traballadoras destas empresas ás candidaturas da CIG-METAL, e ao modelo sindical que representamos.

Distribuir contido