A decisión da Comisión de valoración de PYMAR de non avalar o crédito para o barco 533 que está a construírse en Vulcano contradí a adoptada inicialmente por este organismo e deixa en situación comprometida a viabilidade do estaleiro. Manoel Simón Graña, secretario comarcal da CIG-Metal de Vigo anuncia que no decurso da mañá deste xoves se celebrará unha asemblea de delegados/as para analizar a situación.
Esta decisión, xunto coa de pechar Juliana evidencia, segundo Graña, que PYMAR “toma unha decisión política refrendada polo Ministerio de Industria e o Goberno Español de abandonar á súa sorte o Sector Naval”.
Todos os estaleiros e talleres da comarca de Vigo relacionados co sector naval paraon o pasado día 30 de setembro en protesta pola morte dun traballador de Mintucal que faleceu ao redor das 5 da mañá do mércores cando reparaba un buque. O sector volveu amosar a súa unidade e solidariedade como fai cada vez que morre un compañeiro en accidente laboral.
A continuación reproducimos o comunicado dos traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia, que o mércores tamén secundaron cadansúa concentración diante dos estaleiros: "Ferrol sen barcos"
A primeira das follas informativas repartiuse o mércores 20 de xaneiro diante de El Corte Inglés para informar á cidadania da situación desesperada que están a vivir estes traballadores do naval de Vigo, que "levamos toda a nosa vida no sector, e desde hai uns anos nos están excluindo do sector, porque están a traer contratación máis barata e explotada de fora".
Reparto en Barreras