Navantia

Novas mobilizacións en Navantia

Delegados da CIG-METAL da industria auxiliar concentráronse nas portas do estaleiro á hora na que entraban os invitados para a botadura

Delegados e delegadas da industria auxiliar dos estaleiros da ría de Ferrol concentráronse na porta de Navantia Ferrol o día 4 de outubro coincidindo coa botadura da fragata 105, a última das contratadas pola armada española. A botadura deste buque supón o inicio dunha carreira costa abaixo na carga de traballo dos estaleiros, xa que a partir de agora todos os fitos construtivos serán botaduras ou entregas do resto dos buques en construción. Os traballadores e traballadoras da industria auxiliar serán os primeiros en sufrir a falta de novas contratacións.

Os delegados e delegadas de CC.OO. e U.G.T., excepcto os pertencentes a Nervión Fene, non secundaron a mobilización.

Os traballadores/as das auxiliares de Navantia mobilízanse para demandar carga de traballo para os estaleiros

O persoal, que teme o inicio de despedimentos masivos, deu lectura ao manifesto “Ferrol sen barcos” O pasado mércores 15 de setembro os traballadores e traballadoras das auxiliares de Navantia Fene-Ferrol saíron ás portas do estaleiro para demandar carga de traballo que garanta a continuidade da actividade nos estaleiros e polo tanto, dos empregos. Emilio Maceiras, delegado da CIG no comité de empresa de DEPISA, foi elixido pola asemblea de delegados/as para presentar á prensa o comunicado “Ferrol sen barcos”, no que o colectivo de traballadores/as amosa a súa preocupación polo futuro de Navantia en Fene e Ferrol e demanda unha maior implicación das administracións na creación de alternativas industriais para a comarca .

A continuación reproducimos o comunicado dos traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia, que o mércores tamén secundaron cadansúa concentración diante dos estaleiros: "Ferrol sen barcos"

Distribuir contido