Os dous delegados da CIG en Ford Delio, Dolores Iglesias e Manuel Fernández, xunto ao secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara compareceron en rolda de prensa para dar a coñecer a situación que atravesa o persoal desta concesionaria que despois de nove meses nun ERE de suspensión e ocupando as instalacións da empresa, chegan a un acordo cunha nova empresa para a subrogación, Tomovil, e cando ian comezar traballar un recurso da Seguridade Social para que se fagan cargo das débedas anteriores frustra toda a operación. Nesta rolda reclamaron que se retire este este anuncio de recurso “porque atenta contra toda lóxica, mesmo a de non desbaldir os propios recursos do Estado”.
A concesionaria de Ford, Delio, situada na estrada de Baiona, deixou de ter actividade en marzo do ano pasado, xa que entrou en concurso de acredores. Desde ese momento os traballadores ocuparon as instalacións, e se lles aplicou ao persoal un ERE de marzo a decembro de suspensión. Aínda asi eles continuaron acudindo todos os dias laborábeis á sede da empresa.