Os 20 traballadores da empresa viguesa Autos Recalvi, antiga Talleres Barreiro, comezaron hoxe as mobilizacións de protesta pola presentación do concurso de acredores previo ao ERE extintivo que afectará a todo o plantel. Entre as 13.30 e as 15.30 horas, coincidindo co horario de comida, permaneceron concentrados na porta das instalacións na Avenida de Madrid para reclamar a recolocación ou o cobro de indemnizacións.
Alí despregaron varias faixas denunciando a súa situación, despois de que os propietarios do único concesionario oficial da Fiat na provincia de Pontevedra lles comunicase que non van cobrar o salario do mes de decembro nin a paga extra correspondente.
A decisión da Comisión de valoración de PYMAR de non avalar o crédito para o barco 533 que está a construírse en Vulcano contradí a adoptada inicialmente por este organismo e deixa en situación comprometida a viabilidade do estaleiro. Manoel Simón Graña, secretario comarcal da CIG-Metal de Vigo anuncia que no decurso da mañá deste xoves se celebrará unha asemblea de delegados/as para analizar a situación.
Esta decisión, xunto coa de pechar Juliana evidencia, segundo Graña, que PYMAR “toma unha decisión política refrendada polo Ministerio de Industria e o Goberno Español de abandonar á súa sorte o Sector Naval”.
Todos os estaleiros e talleres da comarca de Vigo relacionados co sector naval paraon o pasado día 30 de setembro en protesta pola morte dun traballador de Mintucal que faleceu ao redor das 5 da mañá do mércores cando reparaba un buque. O sector volveu amosar a súa unidade e solidariedade como fai cada vez que morre un compañeiro en accidente laboral.