ESTATUTOS DA CIG-METAL

Obxectivos e principios

TÍTULO I, Definición Ámbito e Obxectivos

TÍTULO II, Dos Membros

Capitulo 1. Da condición de afiliada ou afiliado

Capitulo 2. Réxime de dereitos e deberes

Capitulo 3. Do réxime de garantías e sancións

Capitulo 4. Do réxime de imcompativilidades

 

TÍTULO III, Organización

TÍTULO IV, Dos Órganos de Goberno

Capitulo 1. Dos órganos de goberno

Capitulo 2. Dos órganos territoriais

Capitulo 3. Das Seccións Sindicais

Capitulo 4. Normas xerais de funcionamento

Capitulo 5. Do réxime electoral

 

TÍTULO V, Do Réxime económico

TÍTULO VI, Da Comunicación

TÍTULO VII, Das Modificacións Orgánicas e Dos Estatutos

Disposicións Transitorias e Adicionais

 

 

OBXECTIVOS E PRINCIPIOS

Obxectivos

Recollendo do patrimonio común aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización, explicitamos como obxectivos da CIG-METAL os seguintes.

A mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses das traballadoras e traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega, das condicións laborais e da calidade de vida.

O Marco Galego de Relacións Laborais e a construcción da Central Sindical Única Galega.

A aprofundación democrática e social constante cara a achegarnos a unha sociedade máis xusta e máis humana, sen explotación económica nin opresión política, calquera que sexan as formas en que esta se manifeste. Por eso pretendemos a superación do sistema capitalista e a construcción do socialismo.

O pleno exercicio de tódolos dereitos humanos, individuais e sociais, sen discriminacións, incluído o de Autodeterminación.

Promovermos o máximo respecto á dignidade humana, a paz, a democracia, a xustiza social e a igualdade, a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos atraveso da acción colectiva das traballadoras e dos  traballadores. Fomentarmos a solidariedade internacional, o bo entendemento e a boa vontade universais, o antimilitarismo, a solución pacífica dos conflictos, o desarmamento e a reconversión da industria militar en civil, así como unha nova orde internacional xusta.

Esixirmos a utilización pacífica, racional e ao servicio da toda a humanidade dos avances científicos e tecnolóxicos, e impulsarmos modelos productivos enerxéticos fundamentados ecoloxicamente.

Loitarmos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, posición social ou económica, orixe étnica, nacional e cultural.

Impulsarmos a participación socio política e a inserción laboral e profesional das mulleres e mocidade na sociedade, asegurando a igualdade de oportunidades ea ausencia de discriminación, pularmos, de modo especial, polo seu papel dirixente nas organizacións sindicais.

Elevarmos e defendermos os dereitos sindicais da afiliación atraveso do apoio xurídico, laboral, etc., ante os organismos e foros que fora necesarios. Fomentarmos a organización e a solidariedade e o apoio mutuo como mecanismo de defensa dos seus intereses.

Promovermos as estructuras e accións necesarias para a plena integración na sociedade dos grupos máis desfavorecidos, co obxecto de eliminarmos as bolsas de extrema pobreza e marxinalidade combatendo as causas que as producen.

Pularmos pola completa normalización lingüística do idioma propio de Galiza.

Principios

Sindicalismo de clase: A CIG-METAL é unha organización sindical que afirma, día a día, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses inmediatos e xerais das traballadoras e dos traballadores galegos na perspectiva da transformación social.

Nacionalismo: A CIG-METAL se define como unha organización nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberanía política, ao servicio de intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberanía e o exercicio do dereito de autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independencia e autonomía sindicais, reclamámonos parte do movemento nacionalista galego.

Autoorganización: Entendendo que ningún dos principais problemas de Galiza se pode resolver favorablemente aos intereses do noso pobo se este non toma consciencia da súa propia identidade e traduce esa consciencia en organizacións propias e soberanas, a CIG-METAL é expresión da autoorganización das traballadoras e traballadores do metal galegos.

Solidariedade e internacionalismo: A CIG-METAL atraveso da súa confederación na CIG garante a unión e solidariedade de todos os traballadores e traballadoras con independencia do sector en que ocupen as súas actividades, do territorio onde vivan ou das diferencias e atrancos que podan existir. Así mesmo, estamos vencellados á loita común dos traballadores e das traballadoras do mundo pola súa completa emancipación e ás dos pobos que loitan pola súa liberación nacional.

Democracia e participación: A CIG-METAL entende a democracia como valor universal, garante a igualdade de dereitos da súa afiliación, asegura o funcionamento democrático de todos os seus órganos de dirección e elixe todos os seus cargos democraticamente. Fomenta a participación sindical e as asembleas de afiliados e afiliadas, así como as dos traballadores e traballadoras, como método para evitar o individualismo, o corporativismo e a burocracia, e como unha maneira de facilitar a coresponsabilidade nos debates e na toma de decisións.

Independencia: A CIG-METAL é independente e soberana na toma de decisións. Autogovernase e non está suxeita a control de ningún partido político, grupo de poder económico, ideolóxico ou relixioso.

Pluralismo: A CIG-METAL é unha organización plural. Nela conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a nosa sociedade, todas elas lexítimas e enriquecedoras. Respecta e fai respectar a liberdade interna e a diversidade de opinións políticas e ideolóxicas, tanto individuais como colectivas. Garante a liberdade de expresión e pensamento sen restriccións de ningunha caste, e cumpre e fai cumprir os estatutos dos que libre e voluntariamente se dota.

Transformación: A CIG-METAL e unha organización sindical transformadora. Para mellor defender e facer realidade os seus obxectivos, participa na vida sociopolitica e fomenta, así mesmo, a participación máis activa da súa afiliación.

Unidade: A CIG-METAL persegue a máis completa unidade dos traballadores e das traballadoras de Galiza nunha Central Sindical única Galega. Así mesmo, propiciará a máis ampla e posible unidade de acción sindical para acadar os obxectivos fixados.

Normalización: A CIG-METAL expresase en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza e promove a súa completa normalización. Respecta o uso das distintas formas de escrita entre a súa afiliación.

Voltar a índice

 
 

 

TÍTULO I Definición Ambito e Obxectivos

Art. 1.-    A FEDERACIÓN DO METAL da CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA, en siglas CIG-METAL, é unha organización creada polos traballadores e traballadoras de Galicia da industria siderometalúrxica; en tódalas súas ramas de fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construcción e reparación naval, siderurxia, metalgráfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos e manufacturados metalúrxicos.

Art. 2.-    A CIG-METAL, e unha organización sindical integrada na Confederación Intersindical Galega (CIG), aceptando os seus estatutos e os postos que nos Órganos de dirección da CIG que nos correspondan pola nosa representatividade.

Art. 3.-    A  CIG-METAL, establece o seu enderezo en Vigo, Avda. Gregorio Espino Nº 47, entrechán. O Consello Federal poderá decidir o cambio de enderezo.

Art. 4.-    A CIG-METAL, ten como ámbito territorial o da NACIÓN GALEGA, constituíndose por tempo indefinido.

Art. 5.-    A CIG-METAL goza de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar dentro do ámbito da súa competencia para o cumprimento dos seus obxectivos.

Voltar a índice

 
 

Voltar a índice

 

TÍTULO II Dos Membros

Capítulo 1

Da condición de afiliada ou afiliado.

Art. 6.-    A afiliación a CIG-METAL e individual e voluntaria, a condición de afiliado ou afiliada, leva implícita a súa afiliación a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA en siglas CIG.

Art. 7.-        Poderán afiliarse á CIG-METAL, tódolos traballadores e traballadoras de Galiza, en situación laboral de activo, parado, pensionista ou xubilado, que presten seus servicios ou prestarannos ou soliciten prestalos en unha empresa pertencente  as actividades nomeadas no artigo 1º destes Estatutos.

                As traballadoras ou traballadores autónomos, así como os socios de cooperativas e de sociedades anónimas laborais ou asimilados que non teñan traballadores ou traballadoras asalariadas ó seu cargo poderán participar na Federación do Metal nos termos que determine o Consello Federal. Igualmente aprobará a formula de adhesión especial con que poidan vincularse os traballadores e traballadoras galegas residentes no exterior.

Art. 8.-    A solicitude de afiliación farase no locais da CIG-METAL, nas Seccións Sindicais de Empresa, ou no seu defecto no local da CIG.

Art. 9.-    A condición de afiliado ou afiliada, leva inherente o pago da cota, de acordo coas normas de administración e contabilidade aprobadas pola CIG.

Art. 10.-  O exercicio do dereito de acceso os servicios técnicos, así como a participación nas eleccións internas non poderá ser reclamada ata transcorridos tres meses, dende a data de afiliación, e ter pagadas as cotas correspondentes a ese período de tempo.

Art. 11.-  O afiliado ou afiliada, poderá causar baixa da CIG-METAL, polas seguintes causas:

a)     A petición propia.

b)     Por non abonar a cota nos tres primeiros meses dende a formalización da ficha de afiliación.

c)      Por non abonar a cota durante seis meses sen alegación dunha causa  xustificada,  neste caso poderá producirse o reingreso sen perda dos dereitos de antigüidade  previo pago das cotas adebedadas e sempre que non transcorran máis de doce  meses.

d)     Por deixar de reunir as condicións subxectivas requiridas nos presentes Estatutos  para poder  participar na CIG-METAL.

e)     Por suspensión definitiva dos dereitos como afiliado ou afiliada, en resolución validamente adoptada polo organismo competente.

Capítulo 2 Voltar a índice

Réxime de dereitos e deberes

Art. 12.-  Son dereitos dos afiliados e afiliadas a CIG-METAL, os seguintes:

a)     Beneficiarse de tódolos servicios da CIG-METAL, asegurándose en todo momento un trato de igualdade.

b)     Acceder ás prestacións de servicios complementarios de que dispoña a CIG, nas condicións e requisitos que se establezan no seu réxime de xestión, que en ningún caso poderán supor discriminación dos dereitos subxectivos dos afiliados e afiliadas.

c)      Garantía da súa liberdade de expresión e opinión interna, e respecto ás súas ideas.

d)     Elixir e ser elixido para todo tipo de cargos na CIG-METAL.

e)     Ser axudado en caso de represión pola súa pertenza a CIG-METAL, ou polo exercicio de actividade sindical.

Art. 13.-  Son deberes de tódolos afiliados e afiliadas da CIG-METAL, os seguintes:

a)     Respecta-las decisións democraticamente adoptadas, recoñecéndose o dereito a mante-la súa opinión.

b)     Defender e aumenta-lo prestixio e imaxe da Federación e da Confederación.

c)      Respecta-las decisións dos Congresos ou de calquera outro tipo de organismo de Dirección da Federación ou da CIG.

d)     Participar na medida das súas posibilidades nas actividades da Federación e da  Confederación.

Capítulo 3 Voltar a índice

Do réxime de garantías e sancións

Art. 14.-  Para á atención de conflictos internos da propia Federación, que afecten exclusivamente a esta, tanto nas súas relacións estructurais como nas relacións entre os afiliados e ou afiliadas, o Congreso elixirá tres instructores para dar saída ós conflictos antes citados. Tamén darán cumprida resposta a os expedientes disciplinarios que se abran no seo da federación

Capítulo 4 Voltar a índice

Do réxime de incompatibilidades

Art. 15.-  O desempeño dos cargos de Secretario ou Secretaria Xeral,e Secretario ou Secretaria Comarcal, así como manter a condición de liberado ou liberada da Federación, son incompatibles con:

a)     Presidente ou Presidenta, Secretario ou Secretaria Xeral, ou Portavoz publico de un partido ou  organización  política.

b)     Parlamentario, Alcalde ou alcaldesa,Concelleiro ou concelleira, cargo público de designación directa na administración do Estado, Autonómica, Provincial ou Local.

Os cargos de Secretario ou Secretaria Xeral e Secretario ou Secretaria Comarcal  non poderán ser candidato a calquera cargo de representación  político partidaria mediante sufraxio universal.

Art. 16.-  Ningún organismo ou cargo da CIG-METAL, en canto tal, poderá a apoiar candidaturas as diferentes eleccións que se realicen na Federación.

Art. 17.-  O exercicio das responsabilidades de membros da Executiva Federal, e incompatible co exercicio de calquera outro cargo que implique a pertenza o Secretariado Federal.

Art. 18.-  O  exercicio de calquera cargo que implique a pertenza ó Secretariado Federal, e incompatible. cá pertenza a calquera órgano executivo confederal.

Voltar a índice

 
 

Voltar a índice

 

TÍTULO III, Organización

Art. 19.- Territorialmente A CIG-METAL, organizase en estructuras comarcais, seguindo o criterio de asegura-la afinidade xeográfica e a operatividade sindical.

Art. 20.- Considéranse constituídas as seguintes comarcas:

- Vigo

- Santiago

- Coruña

- Ferrol

- Lugo

- Ourense

- Pontevedra

- A Mariña

Art. 21.- A constitución de novas comarcas realizarase pola decisión do Consello Federal, a proposta do Secretariado Federal e dos Consellos Comarcais afectados.

Voltar a índice

 
 

Voltar a índice

 

TÍTULO IV, Dos Organos de Goberno

Capítulo 1

Dos órganos federais

Art. 22.- No ámbito nacional, son órganos de representación, administración e goberno da CIG-METAL, os seguintes:

a)     O Congreso

b)    O Consello Federal

c)     O Secretariado Federal

d)     A Executiva Federal.

Art. 23.- A composición do Congreso será fixada polo Consello Federal con suficiente antelación, seguindo criterios de proporcionalidade en base ó número de afiliados e afiliadas.

                A participación no Congreso será mediante delegadas e delegados elixidos nas distintas comarcas e empresas seguindo criterios de proporcionalidade.

                Os membros do Consello Federal son membros natos do Congreso.

Art. 24.- O Congreso será convocado con caracter ordinario polo Consello Federal, polo menos unha vez cada catro anos. A convocatoria farase con seis meses de antelación e notificarase por escrito ás Comarcas. O funcionamento do Congreso se axustará ó regulamento que, elaborado polo Consello Federal, sexa aprobado polo propio Congreso.

Art. 25.-  Son competencias do Congreso:

a)     Aprobar ou reformar os estatutos, e as bases programáticas da CIG-METAL.

b)     Definir o programa de Acción Sindical, e a política sindical da CIG-METAL.

c)      Elixir os membros da Executiva Federal e de entre eles o Secretario ou Secretaria Xeral.

d)     Elixir os representantes que por parte da CIG-METAL, corresponden no Consello Confederal da CIG.

e)     Aproba-la liquidación de contas.

f)        Analizar a xestión dos órganos nacionais da CIG-METAL.

g)     Ratificar a admisión e ou exclusión de membros ou colectivos da CIG-METAL.

h)      Acordar a vinculación ou desvinculación orgánica da CIG.

i)        En xeral resolver cantas cuestións lle sexan formuladas.

Art. 26.- Unha vez rematado o Congreso, establecese un prazo de dous meses para  a celebración das distintas Asembleas Xerais Comarcais.

Art. 27.- A convocatoria do Congreso Extraordinario, debera estar avalada por 2/3 do Consello Federal, 1/3 da Afiliación total, ou ben por 2/3 da Afiliación representada atraveso dos diferentes organismos. Entre a convocatoria, que debera facerse por escrito, e a celebración non poderán transcorrer menos de dous meses nin máis de seis meses. O Congreso Extraordinario solo poderá tratar os temas para os que foi convocado.

Art. 28.- O Consello Federal é o órgano máximo entre Congresos e estará constituído por:

a)     Os representantes elixidos polas Asembleas Comarcais, a razón de un por  cada douscentos afiliados/as ou fracción superior a cen, incluíndo o Secretario ou Secretaria Comarcal.

b)     O Secretariado Federal

c)      A Executiva Federal

Art. 29.- O Consello Federal dispón dun prazo máximo de dous meses  para se constituír con tódolos seus membros, contados dende a data de celebración do Congreso.

Art. 30.- O Consello Federal se reunirá ordinariamente unha vez cada catro meses a convocatoria da Executiva Federal, e extraordinariamente cando o decida esta, ou a metade do Secretariado Federal, ou 1/3 dos seus membros. Os acordos tomaranse por maioría simple, agás aqueles casos nos que os Estatutos esixan maioría cualificada.

Art. 31.-  As funcións do Consello Federal son:

a)     Aprobar o seu regulamento, por maioría de 2/3 dos presentes.

b)     Elaborar e aprobar o regulamento do Congreso, por maioría de 2/3 dos presentes.

c)      Elaborar o regulamento precongresual por maioría de 2/3 dos presentes.

d)     Elaborar os informes, relatorios e propostas para ser debatidas no Congreso.

e)     Nomear Comisións de traballo para o que estime oportuno.

f)        Examinar a xestión do Secretariado e Executiva federais.

g)     Adoptar resolucións de urxencia sen contradicir o Congreso.

h)      Marcar as liñas xerais de actuación e reivindicación na Acción Sindical e Negociación Colectiva.

i)        Convocar a Conferencia Sindical Nacional.

l)         Aprobar os presupostos económicos anuais.

m)    Ratificar a distribución das areas de traballo e as responsabilidades especificas asignadas a cada Secretaría Federal.

n)       Resolver os conflictos internos da propia Federación nas súas relacións estructurais.

Art. 32.- O Secretariado Federal está composto por:

a)     Os Secretarios ou Secretarias Comarcais da Federación.

b)     Os membros da Executiva Federal elixidos no Congreso.

c)      Os responsables nacionais dos subsectores.

Art. 33.- O Secretariado Federal se xuntará con caracter ordinario unha vez cada dous meses a convocatoria da Executiva Federal, quen tamén o convocará con caracter extraordinario por propia iniciativa, ou cando así o soliciten 1/3 dos seus membros.

Art. 34.- O Secretariado Federal terá as seguintes competencias:

a)     Coordinar a actividade sindical das distintas comarcas co fin dunha mellor operatividade sindical conxunta.

b)     A análise e seguimento dos conflictos laborais e da negociación colectiva cando a súa transcendencia así o aconselle ou a solicite algún dos seus membros.

c)      Nomear os representantes da Federación nos órganos de representación institucional de ámbito federal a nivel internacional, estatal e galego.

d)     Todo o relacionado coa contratación do persoal empregado da federación, así como un seguimento do seu traballo.

e)     Seguimento das eleccións sindicais.

f)        As que lle sexan expresamente delegadas polo Consello Federal ou atribuídas polos presentes Estatutos.

Art. 35.- A Executiva Federal, está composta polos 7 membros elixidos no Congreso para exercer cada un deles, tanto a nivel externo como interno, unha responsabilidade nacional especifica a traveso dunha secretaría federal.

Art. 36.- A Executiva Federal reunirase ordinariamente con caracter quincenal  por convocatoria do Secretario ou Secretaria Xeral, quen igualmente convocará sesións extraordinarias por propia iniciativa ou a instancia de 1/3 dos membros do organismo.

Art. 37.- A Executiva Federal exercerá mancomunadamente a representación xurídica , económica e legal da CIG-METAL, podendo delegar no Secretario ou Secretaria Xeral estas facultades aos únicos efectos de outorgamento de poderes. Ten ademais as seguintes competencias:

a)     Representación da CIG-METAL entre sesións do Consello Federal.

b)     Elaborar as publicacións e propaganda a nivel Nacional.

c)      Decidir sobre cuestións urxentes que se presenten entre reunións dos organismos, dando conta das mesmas na primeira reunión que estes celebren.

d)     Relacións interiores e exteriores así como coa CIG.

e)     A elaboración dos orzamentos e a xestión das finanzas.

f)        Dirixir e xestionar a política da CIG-METAL en materia de Formación e Emprego.

g)     Presentar un informe de xestión o Congreso.

h)      Propoñer ós organismos as propostas que estime convinde.

i)        Nomear a os membros das Comisións de traballo que fosen creados polo Consello Federal.

l)       Coordinar tódolos órganos da CIG-METAL, para garantir o seu funcionamento orgánico.

m)    Planificar o traballo das eleccións sindicais.

n)      Adverar os regulamentos das Seccións Sindicais, e resolver os conflictos entre Seccións Sindicais dentro dos grupos de empresa.

o)      As que lle sexan delegadas polo Consello Federal ou atribuídas por estes Estatutos.

p)      Nomear os responsables dos subsectores.

Art. 38.- O Secretario ou Secretaria Xeral é o cargo unipersoal elixido en Congreso de entre os membros elixidos da executiva que exerce a máxima representación pública da federación, impulsa e coordina o traballo dos organismos nacionais e preside as Sesións  da Executiva Federal do Secretariado Federal e do Consello Federal.

Art. 39.- O Secretario ou Secretaria Xeral non poderá permanecer no cargo máis aló de tres mandatos consecutivos.

Capítulo 2 Voltar a índice

Dos órganos territoriais

Art. 40.- Son órganos territoriais da CIG-METAL os seguintes:

a)     Asemblea Comarcal.

b)     O Consello Comarcal.

c)      A Executiva Comarcal.

Art. 41.- A Asemblea Comarcal é o máximo órgano da CIG-METAL no seu ámbito territorial especifico, as súas competencias son:

a)      Elixir a Executiva Comarcal e o Secretario ou Secretaria Comarcal.

b)     Analizar a xestión do Consello Comarcal.

c)      Debater e resolver as cuestións que afecten a CIG-METAL na Comarca que lle sexan propostas.

d)     Elixir os representantes da CIG-METAL na Unión Comarcal da CIG, e nos órganos nacionais da CIG-METAL.

Art.42.- A Asemblea Comarcal deberá ser convocada como mínimo unha vez cada catro anos, correspondendo ó Consello Comarcal a responsabilidade da convocatoria, así como a elaboración do regulamento pre-asembleario e a preparación do regulamento da Asemblea Comarcal.

Art. 43.- A Asemblea Comarcal poderá ser convocada polo Consello Comarcal, ou por 1/3 da afiliación da CIG-METAL na Comarca.

Art. 44.- A Asemblea Comarcal estará composta por tódolos afiliados e afiliadas e se poderán realizar por delegados e delegadas nas comarcas de mais de 500 afiliados e afiliadas sempre que así o decida o Consello Comarcal  que a deberá convocar en base os seguintes criterios:

a)     Membros natos: serán os membros do Consello Comarcal

b)     Por afiliación: un por cada vinte afiliados e ou afiliadas, como máximo, repartidos por Seccións Sindicais e non adscritas.

Art. 45.- A Asemblea Comarcal de elección de cargos despois do Congreso celebrarase cos mesmos delegados e delegadas do Congreso, nas Comarcas de mais de 500 afiliados  e afiliadas, e abertas no resto.

Art. 46.- O Consello Comarcal é o máximo órgano de Dirección da CIG-METAL no seu ámbito territorial, entre Asembleas, que deberá estar constituído no prazo de un mes, contado dende a celebración da Asemblea, estará composto por:

a)     A Executiva Comarcal.

b)     Os Secretarios ou Secretarias das Seccións Sindicais constituídas e que conten con mais de 10 afiliados.

c)      Un representante por cada cen afiliados e afiliadas ou fracción superior a  cincuenta e un, en comarcas de máis de setecentos cincuenta afiliados e afiliadas, ou un representante por cada cincuenta afiliados e afiliadas ou fracción superior a vinteseis, en comarcas de menos de setecentos cincuenta afiliados e afiliadas, por cada Sección Sindical de Empresa.

d)     Un representante por cada cen afiliados e afiliadas ou fracción superior a cincuenta e un, en comarcas de máis de setecentos cincuenta afiliados e afiliadas, ou un representante por cada cincuenta afiliados e afiliadas, ou fracción superior a vinteseis, en comarcas de menos de setecentos cincuenta afiliados e afiliadas que non estean adscritos a ningunha Sección Sindical. Serán elixidos pola asemblea de afiliados e afiliadas convocada para o efecto.

Art. 47.- As competencias do Consello Comarcal son:

a)     Administrar e dirixir a CIG-METAL a nivel comarcal seguindo as resolucións da Asemblea.

b)     Impulsar e dirixir a constitución das Seccións Sindicais.

c)      Orienta-la negociación colectiva.

d)     Pronunciarse sobre cuestións de alcance social, político ou reivindicativo, sen  contradicir os acordos da Asemblea nin dos Congresos.

e)     Convocar Asemblea Comarcal.

Art. 48.- O Consello Comarcal reunirase como mínimo cada tres meses, ou cando así sexa convocada pola Executiva Comarcal ou por 1/3 dos seus  membros.

Art. 49.- A Executiva Comarcal da CIG-METAL é o organismo elixido pola Asemblea Comarcal, composto por; 5 membros en Comarcas de ate 750 afiliados e afiliadas e 7 membros en Comarcas de mais de 750  afiliados e afiliadas

Art. 50.- As funcións da Executiva Comarcal son:

a)     Organizar e coordinar os servicios asistenciais.

b)     Seguimento e control dos ingresos e gastos.

c)      Execución dos acordos dos Consellos.

d)     Convocar as Asembleas de delegados e delegadas a nivel comarcal.

e)     Coordinación da actividade sindical.

Art. 51.- A Executiva Comarcal, reunirase con caracter ordinario unha vez ó mes por convocatoria do Secretario ou Secretaria Comarcal, e extraordinariamente, cando así o decida este ou esta, ou cando o acorden 1/3 dos seus membros.

Art. 52.- O Secretario ou Secretaria Comarcal, e a persoa elixida pola Asemblea Comarcal de entre os membros da Executiva  Comarcal que se encargará da representación pública da CIG-METAL na comarca, coordinara o traballo da Executiva e do Consello comarcal.

Art. 53.- A Executiva Comarcal poderá nomear as secretarias que estime oportunas para o mellor funcionamento dos organismos que deberán ser ratificadas polo Consello Comarcal de conformidade coas existentes na Executiva Federal.

Art. 54.- A vacante do Secretario ou Secretaria Comarcal será suplida por un membro da Executiva Comarcal nomeado polo Consello Comarcal, para cubrir a vacante ate a próxima Asemblea Comarcal.

Capítulo 3 Voltar a índice

Das seccións sindicais

Art. 55.- A Sección Sindical é a estructura organizativa básica da CIG-METAL. Está composta polo conxunto de afiliados e afiliadas na empresa ou centro de traballo.

Art. 56.- A Sección Sindical dotarase dun regulamento interno, onde deberá figurar os órganos de goberno, a composición destes, as súas normas de funcionamento, etc., coa única limitación de non poder contradicir os estatutos e programa da CIG-METAL polo que terán que ser adverados pola Executiva Federal.

Art. 57.- Os órganos de goberno da Sección sindical serán polo menos os seguintes.

a)     A asemblea da sección sindical.

b)     Executiva da Sección Sindical.

Nas seccións sindicais de máis de 100 afiliados e ou afiliadas, poderase constituír o Consello da Sección Sindical, coa composición e facultades que se marquen no regulamento de funcionamento interno, sen contradicir estes estatutos.

Art. 58.- A Asemblea é o máximo órgano da Sección Sindical, será convocada coa periodicidade que marque o regulamento da Sección Sindical ou cando así o decida a Executiva da Sección Sindical, ou por un tercio da afiliación.

Art. 59.- A Asemblea da Sección Sindical será presidida Secretario ou Secretaria da Sección Sindical, e elixira un responsable de actas que será o encargado de remitir os acordos a Executiva Federal.

Art. 60.- As funcións da Asemblea da Sección Sindical son:

a)     Elixir a Executiva

b)     Elixir o Secretario ou Secretaria de entre os membros da executiva.

c)      Elixir os delegados ou delegadas sindicais e de seguridade se é o caso.

d)     Elixir os representantes da Sección Sindical para calquera organismo ou delegación.

e)     Elixir os candidatos as eleccións sindicais.

f)        Aprobar a política sindical no seu ámbito, sen contradicir os acordos da CIG-METAL.

g)     Todo o relativo a negociación colectiva no seu ámbito, incluíndo o asinamento do convenio.

Art. 61.- A Executiva da Sección Sindical é o máximo organismo na empresa entre asembleas, a súa composición e normas de funcionamento serán as recollidas no regulamento.

Art. 62.- Independentemente da composición da Executiva da Sección Sindical, serán membros de esta:

a)     Os membros do Comité de Empresa ou Delegados e Delegadas de persoal.

b)     Os Delegados e Delegadas da Sección Sindical.

c)      Os membros do Comité de Seguridade ou Delegados e Delegadas de Seguridade.

d)     Os membros das comisión especificas existentes.

e)     Os membros das executivas nacionais ou comarcais do metal, poderán asistir as xuntanzas con voz pero sen voto

Art. 63.- A Executiva da Sección Sindical, será convocada polo Secretario ou Secretaria da mesma, ou a requirimento de 2/3 dos membros do organismo.

Art. 64.- As Funcións da Executiva Sección Sindical son:

a)     Dar respostas os problemas urxentes que se presenten na empresa.

b)     Controlar las cotas e pasar todo tipo de información ós afiliados e afiliadas do centro de traballo.

c)      Preparar as publicacións propias da Sección Sindical

d)     Presentar á Asemblea as propostas de negociación colectiva.

e)     Colaborar solidariamente cos problemas da CIG-METAL.

f)        Propor á Asemblea os Delegados ou Delegadas da Sección Sindical.

g)     Propoñer a Asemblea as candidaturas que presentará a CIG-METAL ás eleccións Sindicais.

h)      Xestionar as reclamacións dos afiliados e afiliadas.

i)        Decidir sobre cuestións puntuais e de aquelas que lle delegue a Asemblea.

Art.. 65.- O Secretario ou Secretaria da Sección Sindical é o cargo unipersoal elixido pola Asemblea de entre os membros da executiva.

Art. 66.- As funcións do Secretario ou Secretaria da Sección Sindical son:

a)     Representar publicamente a Sección Sindical.

b)     Convocar e presidir as reunións da Executiva

c)      Presidir a Asemblea.

d)     Coordinar o traballo e as funcións dos membros da Executiva.

Art. 67.- Naquelas empresas con varios centros de traballo ou nos grupos de empresa que teñan varias Seccións Sindicais, as Executivas estarán obrigadas a elixir un Coordinador ou Coordinadora, de non chegar a acordo entre as seccións sindicais, decidirá o nomeamento a executiva federal. As funcións do coordinador ou