A CIG pasa de 3 a 10 delegados en Alcampo, entra en Indugasa con 3, e aumenta de 9 a 13 en Gestamp

Versión para a impresiónEnviar a un amigo

Estas eleicións sindicais salientan especialmente porque a patronal mantén en moitas empresas unha postura de belixerancia coa CIG, sometendo aos candidatos a todo tipo de presións e ameazas para que renuncien ou propiciando candidaturas de centrais máis “moderadas”. Malia que non sempre é así, o certo é que medrou moito a presión con respeito a procesos anteriores.

Este marco tan pouco democrático a nivel xeral, non impide avances do sindicalismo nacionalista cando existe un bo traballo de base. Concretamente, en dúas grandes empresas de Vigo, Alcampo e Indugasa, houbo un pulo importante neste proceso eleitoral.

Alcampo

Nos dous supermercados da cidade de Vigo, Coia e Avda de Madrid, a CIG foi a central sindical máis votada, acadando en total 10 delegados-as sindicais (199 votos), fronte aos 9 de CCOO (175 votos), 5 da UGT (87 votos) e 1 de Fetico (55 votos). Eran a elexir un total 13 delegadas-os sindicais en cada centro.

En Alcampo 1 (Coia) con 361 traballadores-as a CIG conseguiu 5 delegados-as (tiña 3), CCOO 4, e UGT 4.

En Alcampo 2 (Avda de Madrid) con 372 traballadoras-es, a CIG acadou 5 delegados-as, CCOO outros 5, UGT 1 e Fetico 1.

Indugasa

Esta empresa, auxiliar do automóbil, ten pouco máis de 1.000 traballadores-as e está situada ao lado de Citroën. Por vez primeira a CIG ten delegados nesta fábrica que polo número de operarios é das máis importantes de Vigo no sector industrial.

Os resultados foron os seguintes:

No colexio de operarios: CCOO 8 delegados (322 votos); UGT 5 delegados (194 votos); CIG 3 delegados (149 votos); FSI 3 delegados (115 votos).

No colexio de técnicos e administrativos: CCOO 2 delegados; UGT 1 delegado; FSI 1 delegado.

Do total de 23 delegados-as sindicais, CCOO consigue 10, UGT 6, FSI 4, e a CIG 3.

Gestamp

Na empresa Gestamp, que pertence tamén ao sector do automóbil, a CIG xa tiña todos os membros do Comité de Empresa e agora, neste novo proceso eleitoral, acada os 13 que estaban en xogo ao aumentar o cadro de persoal durante estes anos, e superar a factoría os 300 operarios.

A primeira empresa, Alcampo, pertence á Federación de Servizos (Comercio) e as outras dúas a Federación do Metal (automóbil).

Groups: