GKN Drivelines, empresa de automoción situada na Zona Franca, presentou un ERE para o 2010 de 45 días en todo ano, de libre disposición para cando a empresa precise estes dias. No 2009, con outro ERE aínda vixente, estanse a facer horas extras e denuncian que os expedientes están a ser utilizados como “ferramenta de flexibilidade a cargo do erario público”.