Os traballadores de PGA Antolin denuncian a deslocalización dunha parte da súa produción a Portugal, que conlevará 16 despidos

Versión para a impresiónEnviar a un amigo

Os traballadores/as de PGA Antolín do Porriño decidiron parar xa as horas extras e facer concentracións no exterior da fábrica na hora do bocadillo a próxima semana para denunciar o desvio da produción a Portugal, que conlevara a destrución de 16 postos de traballo de eventuais, e a desaparición do proxecto de Renault para esta planta, e sen novos proxectos nin compromisos para PGA Antolín no Porriño, e mesmo o desvio de maquinaria para Portugal, despois de ser unha empresa que recebera numerosas subvencións dos gobernos ao longo do ano e ser record en vendas.

O Comité de Empresa de PGA Antolin do Porriño, despois de realizar asembleas co conxunto dos traballadores e traballadoras desta factoría, decidiu pasar á acción, xa que o pasado 12 de novembro a empresa comunicou que as pezas que se realizan nesta fábrica vanse pasar a producir na filial que abriu o grupo en Valença, Portugal.

Empresa subvencionada polos gobernos

Asi denuncia o presidente do Comité, Felipe Domínguez, que "despois de receber numerosas subvencións, ser récord en ventas e unha suposta referencia no ámbito estatal na industria autombolística, PGA Antolin decidiu externalizar o proxecto de Renault para a fábrica do Porriño, alegando baixa rendibilidade destas pezas, cando só levamos ano e medio coas mesmas".

Destrución de 16 postos de traballo

PGA Antolin conta con 120 traballadores/as fixos e 30 eventuais na actualidade, e o que demandan é que "non se marche esta produción de aqui até que non entren proxectos novos, porque suporía a destrución de 16 empregos, e estes despedimentos comezarían desde finais deste mesmo mes cando foran rematando contratos os eventuais, e iso non se pode permitir". Ademais denuncian que se está a dar traslado de maquinaria cara Portugal cando "esta foi unha empresa que recebeu numerosas subvencións dos gobernos".

Deslocalización cara Valença

Sospeitan que esta externalización se dá para beneficiar á nova filial de Valença, para que comece a dar beneficios, mais non están de acordo con que se destrúa emprego, que se desindustrialice e que se desvie cara outra empresa, sobre todo sen teren asegurado novos proxectos para a planta do Porriño.

Mobilizacións e corte de horas extras

Por estas razóns, e despois dunha semana de consulta e asembleas co conxunto do persoal, decidiron levar adiante dúas medidas de presión para denunciar esta situación: desde esta mesma semana, desde xa, cortaran as horas extras nesta factoría, e na próxima semana realizarán concentracións ás portas da fábrica de PGA Antolin no Porriño, na hora do bocadillo.