Xornada de confraternidade en Ourense polo vixésimo aniversario da loita dos traballadores/as de Citroen nesta comarca

Versión para a impresiónEnviar a un amigo

Hai agora 20 anos, Ourense loitaba para evitar a marcha da que era entón a principal industria da provincia: a factoría de Citroën no Polígono de San Cibrao. Foi a maior mobilización laboral de Ourense e, aínda que non evitou o peche da planta, sí logrou que ningún traballador ficase no paro. As centrais sindicais preparan para a próxima fin de semana un acto para lembrar e homenaxear estes feitos.

Nestas datas cúmprese o 20 aniversario da loita dos traballadores e traballadoras de Citroen en Ourense, na defensa dos seus postos de traballo.

Xornada de confraternidade

Pola importancia que tIvo aquela loita para todos os traballadores e para a cidade de Ourense, os traballadores/as que participarón decidiron conmemorar o vinte aniversario da mesma cunha xornada de confraternidade que se celebrará o Sábado 13 de xuño e que consistirá nun acto sindical a celebrar na AISS e unha comida.

Todos aqueles traballadores que queiran participar deben anotarse nos ocais das centrais sindicais CIG-UGT-CC.OO., antes do xoves dia 11.