Desde a sección sindical da CIG en GKN denuncian que co ERE en vigor neste ano 2009 se están a facer horas extras. Ademais, salientan que a caída de produción que a empresa argumenta para o 2010 non se ve por ningún lado desde o verán, que houbo un aumento do traballo.
ERE's como ferramenta de flexibilidade
"Consideramos que os ERE's só se deberan aplicar se hai unha situación de baixa produtividade e non como unha ferramenta de flexibilidade", subliñan desde a sección sindical da CIG en GKN.
Afecta a 766 persoas
Por último, engaden que este ERE afectaría a 766 persoas, polo que estamos a falar do ERE que a máis persoas afecta no noso país, e "só sería preciso se as condicións de mercado mudaran e realmente o necesitaran, e non debe ser utilizado pola empresa nin aprobado pola Administración como un mecanismo de enxeñaria financeira ao cargo do salario dos traballadores".