O mércores 16 de decembro desde primeira hora da mañá os parados repartiron panfletos ás portas de Vulcano para solicitar a solidariedade destes traballadores e que sairan no tempo do bocadillo cos parados. Foron moitos os que asi o fixeron, amosando a súa solidariedade e mostrando a preocupación polo futuro do mantemento do emprego no sector.
Asemblea ás portas do estaleiro
Asi realizouse unha asemblea ás portas de Freire, onde se trasladou a problemática da contratación no sector e o crecente desemprego entre os traballadores con traxectoria no sector pola subcontratación a persoal que vén de fora traballar no sector en piores condicións das que marca o sector.
Adiantaron que continuaran mobilizándose até conseguir que se dean pasos en firme que regulen a contratación no sector e que faga posíbel o mantemento do emprego e o futuro para o naval na ría de Vigo.
Presenza policial
Por primeira vez nestas concentracións de desempregados fixo aparición unha dotación de antidisturbios, que transmitiu que non estaba informada a Delegación do Goberno da concentración, e que debian afastarse da porta do estaleiro. Os parados mantiveron a súa convocatoria e só despois de que realizaran a asemblea cos compañeiros de dentro abandonaron a zona.