Os nosos símbolos

>A Internacional

 

En pé os escravos da terra

en pé os que non teñen pan;

a nosa razón forte berra

o triunfo chega en volcán.

 

Crebemos o xugo do pasado,

pobo de servos, erguete xa,

que o mundo vai ser transformado

e unha orde nova vai reinar.

 

Axuntémonos todos, é a loita final,

o xenéro humán, forman a Internacional.  

 

Non hai salvadores supremos,

nen rei, nen tribuno, nen deus,

temos que salbarnos nos mesmos,

o Pobo Traballador.

 

Para que nos devolvan o roubado,

para derrubar esta prisión,

batamos no lume sagrado,

ferreiros dun mundo mellor.

 

Axuntémonos todos, é a loita final,

o xenéro humán, forman a Internacional.

 

 

>Himno Galego

Que din os rumorosos

 

na costa verdecente,

ao raio transparente

do plácido luar?

Que din as altas copas

de escuro arume harpado

co seu ben compasado

monótono fungar?

 

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden,

e con arroubo atenden

o noso rouco son

mais só os ignorantes,

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

 

Do teu verdor cinguido

e de benignos astros

confín do verdes castros

e valeroso chan,

non deas a esquecemento,  

da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sono

Fogar de Breogán.

 

Os tempos son chegados

dos bardos das idades,

que as vosas vaguidades

cumprido fin terán;

pois onde quer xigante

a nosa voz voz pregoa

a redezón da boa

Nación de Breogán.