Índice
 

Quen somos

Obxectivos

Principios

Servicios que prestamos

Que propugnamos

 

 

Quen somos

Quen somos

A Federación do Metal da CIG, en siglas CIG-METAL, é unha organización sindical integrada na Confederación Intersindical Galega. Somos unha organización creada por e para @s traballador@s siderometalúrxic@s galeg@s en tódalas súas ramas de actividade na defensa dos nosos intereses de clase, no proxecto dunha sociedade mellor.

 

A CIG-METAL, é o producto da fusión entre a (FTM) Federación de Traballadores do Metal da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG) e o (SGM) Sindicato Galego do Metal da Confederación Xeral de  Traballadores Galegos (CXTG), queda constituída, o 18 de Xuño de 1994, no seu congreso fundacional, tres meses despois do congreso que deu nacemento á Confederación Intersindical Galega (CIG), previamente ámbalas dúas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG asinaron un pacto de alianza o 2 de Abril de 1990.

 

Os primeiros xermolos do traballo sindical, iníciase nas loitas sindicais contra o franquismo e continua a través da negociación colectiva primeiramente na gran empresa e despois nos convenios provinciais do Metal alá pola década dos 70. Xa por aquelas datas funcionan as denominadas coordinadoras do Metal do (SOG), Sindicato Obreiro Galego.

 

A Federación do Metal da CIG asume como básicos os seguintes obxectivos: a mellora progresiva e xeral, individual e colectiva, d@s traballador@s; o Convenio Galego do Metal no camiño dun Marco galego de Relacións Laborais e a construcción da Central Sindical Única Galega; a superación do capitalismo e a construcción do socialismo; fomentar o antimilitarismo e a solución pacífica dos conflictos; a defensa do pleno exercicio dos dereitos humanos, individuais e colectivos, incluíndo o dereito de Autodeterminación; a loita por unha nova orde internacional, mais xusta e solidaria; a plena integración na sociedade dos grupos mais desfavorecidos; a reforma do marco xurídico e político que permita a Galiza ser suxeito de pleno dereito dentro da Unión Europea e contar con plena capacidade de actuación en tódalas materias, etc.

 

A CIG-METAL é un sindicato de clase que defende a identidade nacional de Galicia polo que reclamámonos nacionalistas e somos a expresión da autoorganización dos traballador@s, que practica a solidariedade e o internacionalismo, que entende a democracia como valor universal e fomenta a participación sindical e as asembleas d@s afiliad@s e traballador@s, que é soberano na súa toma de decisións e independente respecto de calquera organización ou institución, no que conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a sociedade, considerámonos unha organización transformadora, que se expresa en galego e promove a súa completa normalización.

 

A CIG-METAL conseguiu a 31 de Decembro do 1999 nas eleccións sindicais un total de 735 representantes d@s traballador@s nun total de preto de 500 empresas o que nos da unha representación de mais do 29% d@s delegad@s a elixir no sector. Xunto cos resultados do conxunto da (CIG) Confederación Intersindical Galega convértenos en "sindicato mais representativo" a nivel de todo o estado español xunto a CCOO, UGT e ELA.

voltar a índice

 
 

voltar a índice

 

OBXECTIVOS

Recollendo do patrimonio común aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización, explicitamos como obxectivos da CIG-METAL os seguintes.

A mellora progresiva xeral, individual e colectiva dos intereses das traballadoras e traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega, das condicións laborais e da calidade de vida.

O Marco Galego de Relacións Laborais e a construcción da Central Sindical Única Galega.

A aprofundación democrática e social constante cara a achegarnos a unha sociedade máis xusta e máis humana, sen explotación económica nin opresión política, calquera que sexan as formas en que esta se manifeste. Por eso pretendemos a superación do sistema capitalista e a construcción do socialismo.

O pleno exercicio de tódolos dereitos humanos, individuais e sociais, sen discriminacións, incluído o de Autodeterminación.

Promovermos o máximo respecto á dignidade humana, a paz, a democracia, a xustiza social e a igualdade, a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos atraveso da acción colectiva das traballadoras e dos  traballadores.

Fomentarmos a solidariedade internacional, o bo entendemento e a boa vontade universais, o antimilitarismo, a solución pacífica dos conflictos, o desarmamento e a reconversión da industria militar en civil, así como unha nova orde internacional xusta.

Esixirmos a utilización pacífica, racional e ao servicio da toda a humanidade dos avances científicos e tecnolóxicos, e impulsarmos modelos productivos enerxéticos fundamentados ecoloxicamente.

Loitarmos contra toda forma de racismo, xenofobia, ou prexuízo e discriminación na sociedade en razón de sexo, estado civil, enfermidade, idade, lingua, relixión, opinión política, opción social, posición social ou económica, orixe étnica, nacional e cultural.

Impulsarmos a participación socio política e a inserción laboral e profesional das mulleres e mocidade na sociedade, asegurando a igualdade de oportunidades ea ausencia de discriminación, pularmos, de modo especial, polo seu papel dirixente nas organizacións sindicais.

Elevarmos e defendermos os dereitos sindicais da afiliación atraveso do apoio xurídico, laboral, etc., ante os organismos e foros que fora necesarios. Fomentarmos a organización e a solidariedade e o apoio mutuo como mecanismo de defensa dos seus intereses.

Promovermos as estructuras e accións necesarias para a plena integración na sociedade dos grupos máis desfavorecidos, co obxecto de eliminarmos as bolsas de extrema pobreza e marxinalidade combatendo as causas que as producen.

Pularmos pola completa normalización lingüística do idioma propio de Galiza.

 

 
 

voltar a índice

 

PRINCIPIOS

Sindicalismo de clase: A CIG-METAL é unha organización sindical que afirma, día a día, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses inmediatos e xerais das traballadoras e dos traballadores galegos na perspectiva da transformación social.

Nacionalismo: A CIG-METAL se define como unha organización nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberanía política, ao servicio de intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberanía e o exercicio do dereito de autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independencia e autonomía sindicais, reclamámonos parte do movemento nacionalista galego.

Autoorganización: Entendendo que ningún dos principais problemas de Galiza se pode resolver favorablemente aos intereses do noso pobo se este non toma consciencia da súa propia identidade e traduce esa consciencia en organizacións propias e soberanas, a CIG-METAL é expresión da autoorganización das traballadoras e traballadores do metal galegos.

Solidariedade e internacionalismo: A CIG-METAL atraveso da súa confederación na CIG garante a unión e solidariedade de todos os traballadores e traballadoras con independencia do sector en que ocupen as súas actividades, do territorio onde vivan ou das diferencias e atrancos que podan existir. Así mesmo, estamos vencellados á loita común dos traballadores e das traballadoras do mundo pola súa completa emancipación e ás dos pobos que loitan pola súa liberación nacional.

Democracia e participación: A CIG-METAL entende a democracia como valor universal, garante a igualdade de dereitos da súa afiliación, asegura o funcionamento democrático de todos os seus órganos de dirección e elixe todos os seus cargos democraticamente. Fomenta a participación sindical e as asembleas de afiliados e afiliadas, así como as dos traballadores e traballadoras, como método para evitar o individualismo, o corporativismo e a burocracia, e como unha maneira de facilitar a coresponsabilidade nos debates e na toma de decisións.

Independencia: A CIG-METAL é independente e soberana na toma de decisións. Autogovernase e non está suxeita a control de ningún partido político, grupo de poder económico, ideolóxico ou relixioso.

Pluralismo: A CIG-METAL é unha organización plural. Nela conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a nosa sociedade, todas elas lexítimas e enriquecedoras. Respecta e fai respectar a liberdade interna e a diversidade de opinións políticas e ideolóxicas, tanto individuais como colectivas. Garante a liberdade de expresión e pensamento sen restriccións de ningunha caste, e cumpre e fai cumprir os estatutos dos que libre e voluntariamente se dota.

Transformación: A CIG-METAL e unha organización sindical transformadora. Para mellor defender e facer realidade os seus obxectivos, participa na vida sociopolitica e fomenta, así mesmo, a participación máis activa da súa afiliación.

Unidade: A CIG-METAL persegue a máis completa unidade dos traballadores e das traballadoras de Galiza nunha Central Sindical única Galega. Así mesmo, propiciará a máis ampla e posible unidade de acción sindical para acadar os obxectivos fixados.

Normalización: A CIG-METAL expresase en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza e promove a súa completa normalización. Respecta o uso das distintas formas de escrita entre a súa afiliación.

voltar a índice

 
 

voltar a índice

 

SERVICIOS QUE PRESTAMOS

 

 

Gabinete xurídico-económico

Asesoramento Sindical

Asesoramento Laboral

Publicacións

Servicio de Documentación

Seguros

Economía Social

Formación profesional Ocupacional e Continua

Formación Sindical

Formación en Saúde Laboral

 

voltar a índice

 
 

voltar a índice

 

O QUE PROPUGNAMOS

 

 

CONVENIO GALEGO PARA A INDUSTRIA SIDEROMETALÚRXICA

INDUSTRIALIZACIÓN

MARCO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

DEFENSA E POTENCIACIÓN DO SECTOR PUBLICO INDUSTRIAL

SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

XORNADA E TEMPOS DE TRABALLO

SALARIOS

DEREITOS SINDICAIS

 

 

voltar a índice

Voltar á páxina principal